Dous feridos tras bater un coche contra unha casa en Lousame
Publicado o 15/09/2019 22:43
O vehículo quedou encaixado na entrada da vivenda
Un accidente no concello de Lousame deixa dúas persoas feridas. Aconteceu preto da igrexa de Vilacoba, na estrada que une Noia con Padrón. Un dos feridos tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado ata o hospital de Santiago.
O coche saíu da vía, por causas que se investigan, e quedou encaixado nesta posición, na entrada dunha vivenda proxima á estrada. Ademais dos equipos sanitarios, interviñeron tamén os bombeiros de Boiro, axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da localidade. Foi necesario tamén un guindastre especial, que conseguiu sacar o coche hai só uns minutos.