Dous feridos nunha colisión frontal entre dous turismos á altura de Oroso
Publicado o 17/11/2019 14:31
Unha colisión frontolateral entre dous coches sobre as seis desta mañá saldouse con dous pasaxeiros feridos. O accidente aconteceu na estrada nacional entre A Coruña e Santiago, á altura do concello de Oroso.
Supostamente, un dos vehículos implicados invadiu o carril contrario e chocou contra outro turismo que se dirixía cara ao aeroporto da Lavacolla. Neste último viaxaban tres persoas. Dúas delas quedaron feridas con diversas lesións e foron trasladas a un centro hospitalario.
O condutor que invadiu o outro carril quedou ileso. O Destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela investiga o accidente, que, inicialmente, puido deberse a unha distracción.