CRTVG

Buscar

Dous feridos nun incendio na zona de laboratorios do hospital de Basurto

Publicado o 01/01/2020 10:41

Un curtocircuíto é a causa máis probable dun incendio no hospital de Basurto, en Bilbao. Foi o luns pola noite e o lume provocou o desaloxo do edificio onde están os laboratorios pero non afectou ao resto do hospital que seguiu funcionando con normalidade. Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume. Trinta e un bombeiros traballaron na extinción do incendio.

Noticias web

01/01/2020