CRTVG

Buscar

Dous feridos nun accidente de tráfico na Laracha

Publicado o 16/04/2021 13:10
Dous feridos nun accidente de tráfico na Laracha

Un aparatoso accidente no concello da Laracha a primeira hora desta mañá deixou dúas persoas feridas, únicos ocupantes dun turismo e unha furgoneta que colidiron na estrada AC-523 á altura do club de tiro olímpico.

O coche envorcou e a muller que o conducía tivo que ser liberada polos bombeiros. O sinistro provocou unha importante retención de tráfico.

Noticias web

16/04/2021