CRTVG

Buscar

Tres feridos na N-525 á altura de Loimil pola colisión entre un coche e un camión

Publicado o 29/05/2019 19:53
Tres feridos na N-525 á altura de Loimil pola colisión entre un coche e un camión

A colisión dun coche e un camión rexistrada na tarde deste mércores deixou tres persoas feridas no municipio da Estrada. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 16,15 horas deste mércores no quilómetro 315 da N-525, na parroquia de Santa María Loimil; estrada que foi cortada en ambos sentidos.

O 112 avisou o 061, os bombeiros do Deza, GES, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e a Protección Civil. Tamén foi mobilizado persoal de mantemento da estrada. Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal procedeu a atender dúas persoas, desprazou ao lugar un helicóptero medicalizado.

Un dous ocupantes do vehículo, concretamente o condutor, estaba atrapado no interior. Unha vez liberado, foi trasladado polo helicóptero medicalizado do 061 a un centro hospitalario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019