CRTVG

Buscar

Dous feridos moi graves nun accidente de tráfico na circunvalación de Vigo

Publicado o 26/01/2020 11:24
Dous feridos moi graves nun accidente de tráfico na circunvalación de Vigo

A Garda Civil investiga as causas da aparatosa saída de vía ocorrida na noite do sábado ao domingo, no quilómetro 3 da VG-20, que provocou feridas de gravidade aos dous ocupantes, un condutor de 45 anos, e ao copiloto, duns 60.O vehículo saltou a mediana e envorcou, o que fixo que os dous corpos quedaran atrapados entre os ferros do turismo.Os bombeiros de Vigo tiveron que excarcerar os ocupantes, e investígase se procedían da festa de San Blas, en Bembrive.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020