CRTVG

Buscar

Dous feridos leves no estoupido dun artefacto nun bar de Santiago

Publicado o 05/03/2018 10:16

A Policía Nacional tenta localizar o responsable de introducir un artefacto explosivo no interior dun bar do barrio compostelán de Sar. O estoupido ocasionou feridas leves a dúas persoas que estaban no local e ocasionou cuantiosos danos.

Moitos veciños do barrio compostelán do Sar pensaron que se trataba dun trono, pero o que aconteceu na madrugada do sábado foi ben diferente. Cando o dono deste bar e varios clientes coas persianas botadas e a piques de marchar, unha especie de bengala caía e entraba pola porta.

O artefacto explosivo quedou preso entre a persiana exterior e unha porta de cristal, polo que o estoupido foi moi violento.

As dúas persoas feridas leves xa recibiron atención médica e atópanse ben. A Policía presentouse no lugar e está tentando localizar o autor dos feitos. Mentres o dono asegura que non abrirá o local ata que non se aclare o suceso. Prefire pensar que se tratou dun vándalo ao que se lle foi a broma das mans, e tamén de presuposto. Só a reparación das portas supera xa os dous mil euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2018