CRTVG

Buscar

Unha colisión entre un tráiler e un turismo deixa dous feridos graves en Ribadavia

Publicado o 07/08/2019 20:50

Dúas persoas quedaron feridas de gravidade esta tarde un accidente de tráfico en Ribadavia. Foi unha colisión frontolateral entre un tráiler e un turismo na estrada que vai ao Carballiño.

Os bombeiros do Carballiño e o GES de Ribadavia tiveron que liberar entre os ferros as dúas persoas ocupantes do coche e foron trasladadas en ambulancia ao hospital.

A Garda Civil de Tráfico está a investigar as causas do sinistro, pero todo apunta que o turismo esvarou por mor da choiva e foi bater contra o camión.

Noticias web

07/08/2019