CRTVG

Buscar

Dous feridos graves nun choque entre un coche e un camión en Cualedro

Publicado o 29/01/2020 14:02

Dúas persoas quedaron feridas de gravidade nun choque frontal entre un turismo e un camión. O sinistro tivo lugar a primeira hora desta mañá no alto das Estivadas, na nacional 525, á altura do concello ourensán de Cualedro.

Os feridos son un matrimonio que circulaba no coche que acabou batendo contra o camión. Tiveron que ser liberados polos bombeiros de Verín e trasladados en ambulancia a un centro hospitalario. En principio non se teme pola súa vida. Foi o propio condutor do camión quen avisou os servizos de emerxencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020