CRTVG

Buscar

Dous feridos e 70 realoxados por mor dun incendio nun cámping de Málaga

Publicado o 10/08/2020 15:36

Unhas 70 persoas tiveron que ser realoxadas e perderon as súas pertenzas a causa dun incendio no cámping de Mollina, en Málaga. 

O lugar quedou arrasado despois de que o lume calcinara unhas corenta casas prefabricadas e causara estragos noutras tres. Malia os importantes danos materiais, só hai dúas persoas con feridas leves.

Os equipos de extinción traballaron durante nove horas para apagar o incendio. A Garda Civil investiga a orixe do lume, que comezou nunha vivenda baleira.

 

Noticias web

10/08/2020