CRTVG

Buscar

Dous feridos ao envorcar unha ambulancia en Tomiño

Publicado o 08/09/2021 18:54

Dúas persoas resultaron feridas á primeira hora desta tarde tras envorcar unha ambulancia en Forcadela, no concello de Tomiño. O suceso ocorreu na estrada provincial PO-552, que une A Guarda con Tui. O vehículo sanitario dirixíase a un servizo a Tui e por razóns que se descoñecen, a condutora perdeu o control da ambulancia, saíu da vía pola marxe dereita, levou por diante dous sinais e envorcou sobre o seu lado esquerdo. Os dous ocupantes foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

08/09/2021