CRTVG

Buscar

Dous falecementos por coronavirus elevan a cifra total de Galicia a 2.388

Publicado o 29/04/2021 20:14
Dous falecementos por coronavirus elevan a cifra total de Galicia a 2.388

O Sergas notificou o falecemento onte de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Así, a cifra total de decesos por mor da covid−19 ascende a 2.388 desde o comezo da pandemia en Galicia.

As falecidas son dúas mulleres de 88 e 89 e ambas perdían a vida no CHOP.

Segundo informa Saúde Pública, as mulleres sufrían patoloxías previas.