CRTVG

Buscar

Dous factores chave para Vázquez: "comezar marcando e gañar o primeiro partido"

Publicado o 14/06/2020 11:03

O Deportivo afronta diante do Spórting unha liga de once partidos co imperioso obxectivo de fuxir dos postos de descenso. A importancia que outorga Fernando Vázquez ao primeiro partido é máxima. "Se comezas mal nunha liga de once partidos o prezo é moi alto porque non hai tempo de recuperación". 

O feito de xogar sen público tamén será un factor a ter en conta. Segundo o adestrador deportivista "paréceme moi importante marcar primeiro" porque sen público "ir por debaixo no marcador sen o teu público ten que ser moi duro".

Noticias web

14/06/2020