CRTVG

Buscar

Dous ex-directivos de Novacaixagalicia deberán devolver 10,4 millóns

Publicado o 17/04/2018 09:45

Dous dos ex-directivos de Novacaixagalicia terán que devolver máis de 10 millóns de euros das súas prexubilacións. O Supremo rexeitou os recursos de José Luis Pego e Gregorio Gorriarán, condenados no seu día por fraude nos seus contratos. 

O ex-director adxunto de Novacaixagalicia, José Luis Pego, cobrou en 2011 máis de 6 millóns de euros como indemnización por deixar a entidade. A antiga caixa pagoulle pola mesma razón case 4 millóns a quen fora responsable da súa división inmobiliaria, Gregorio Gorriarán.

Os dous terán agora que devolverlle eses cartos á sucesora da caixa, a actual Abanca, por orde do Tribunal Supremo, que rexeitou o seu recurso. Os maxistrados ratifican o relato xa coñecido e que os levou á cadea: que modificaron os seus contratos a sabendas de que ían ser cesados para facerse con prexubilacións millonarias en pleno rescate bancario. A sentenza exonera de toda responsabilidade civil un terceiro condenado, Óscar Rodríguez Estrada.

Os tres, xunto co ex-presidente Julio Fernández Gayoso e o avogado Ricardo Pradas, están en réxime de semiliberdade. Quédanlles por cumprir case 9 meses dunha pena de 2 anos de cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2018