Dous estudantes dun instituto de Santiago son dos mellores expedientes da ABAU
Ángela e Javier son dous dos mellores expedientes de Galicia da ABAU cunhas notas por enriba do 13. Unhas cualificacións que se conseguiron con constancia, traballo e moito esforzo tras dous anos complicados en que a pandemia engadiu aínda máis presión a unha etapa complicada.
A pesar desas dificultades, ambos os dous lograron acadar os seus obxectivos. Ángela ademais tamén se presentou ao Premio Extraordinario de Bacharelato e nos próximos días coñecerá os resultados, mentres acaban de decidir o que queren estudar.
Din que non hai segredo detrás desas boas notas, senón moitas ganas e teñen claro cal sería o consello para os futuros estudantes de bacharelato.
E despois de todo ese traballo, teñen por diante un verán para gozar antes de comezar unha nova etapa que agardan con ganas.