CRTVG

Buscar

Dous españois entre os 157 mortos do avión comercial que se esnafrou en Etiopía

Publicado o 10/03/2019 14:41

Dous cidadáns españois están entre os 157 mortos do avión das aerolíñas etíopes que se estrelou esta mañá pouco despois de engalar. Acaba de confirmalo a embaixada española en etiopía, que cita fontes da compañía aérea. O avión, que partiu da capital etíope con rumbo a Nairobi, desapareceu do radar seis minutos despois de emprender o voo. Trátase dun Boeing 737 con 149 pasaxeiros e oito membros da tripulación a bordo. Os pasaxeiros tiñan 33 nacionalidades diferentes. A compañía confirma que non hai superviventes. Os familiares das vítimas agardan xa no aeroporto por máis noticias do suceso. 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019