CRTVG

Buscar

Dous emprendedores ofrécennos visitar a Ribeira Sacra de maneira personalizada

Publicado o 20/02/2019 18:18

Visitar os lugares máis senlleiros e degustar a gastronomía son as principais actividades dos turistas cando visitan unha zona nova. Pero agora unha empresa da Ribeira Sacra deseñou plans para que, ademais, os visitantes poidan entrar en contacto coa forma de vida dos habitantes desta parte de Galicia en que conflúen o Sil e o Miño. Así, poden visitar os obradoiros de oficios tradicionais, saber como se traballa nas viñas ou afondar nas tradicións e na súa historia. E, sobre todo, falar cos protagonistas da vida diaria das aldeas e compartir a súa experiencia. Aínda que os promotores non naceron na Ribeira Sacra, deron con todo o seu potencial.

Dende que creamos a empresa sabiamos que a Ribeira Sacra tiña un plus que non se atopa noutras partes de Galicia. As posibilidades son enormes e diferentes.

A Ribeira Sacra ten unha ampla oferta para o turista dende a viticultura ao románico. Unha empresa de recente creación soubo personalizar toda esa oferta.

A empresa creouse hai menos dun ano, pero o seu proxecto de visitas persoalizadas tivo tanto éxito que xa están traballando para estender o modelo á comarca do Courel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019