CRTVG

Buscar

Dous edificios desaloxados en Sanxenxo por un escape de gas

Publicado o 11/09/2019 21:14

Sucedeu pouco despois das dez da mañá. O 112 recibiu unha chamada alertando dun escape de gas na rúa Progreso de Sanxeno, causadopor unhas obras que se están facendo. O servizo de emerxencias avisou a Policía Local e os bombeiros do Salnés.

"Unha pa picou nunha liña de gas, de gas natural e houbo un escape que incidía directamente nun edificio e nun local comercial. Empezou a cheirar moito a gas e xa viñeron ambulancias e a policía local porque bueno polo visto aí arriba reventou unha tubaxe".

As autoridades locais decidiron desaloxar dous edificios de tres pisos por precaución, mentres os técnicos solucionaban a avaría. Os bombeiros só tiveron que rescatar unha muller que quedara pechada nun comercio.

"O que pasa é que a liña de escape de gas estaba xusto na liña do portal por onde accede ao local comercial e ela por medou pechouse e non tiña por onde saír". "Si que cheiraba a gas e acordoaron a zona e aproveitamos para saír e descansar".

Con todo, os equipos sanitarios só tiveron que atender no mesmo lugar unha persoa, un axente da Policía Local, que presentaba síntomas por inhalación de gas. A mediodía, os veciños da vinte vivendas desaloxadas puideron volver ás súas casas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019

Máis sobre sanxenxo