Dous dos mellores xogadores da ACB confrontan os seus números no duelo entre Unicaja e Breogán
Dun lado, o ídolo local Jaime Fernández, o xogador máis valorado da competición con 22,3 puntos de media.
O escolta madrileño e tamén o segundo máximo anotador do torneo e o cuarto xogador que máis faltas recibe.
"Posúen o grupo de xogadores españois máis grandes que hai na ACB e xogadores dun perfil alto con moito chegada ou cerca do equipo nacional", comenta Paco Olmos.
Doutro lado, chega unha das sensacións da temporada. Dzanan Musa, undécimo xogador con maior valoración a cinco puntos de Jaime Fernández.
O bosnio, ademáis, é o quinto con mellor porcentaxe en lanzamentos de tres, cun 61.5 por cento de acerto e o sexto máximo anotador da ACB cunha media de 17,3 puntos. Musa é a luz no ataque breoganista.
"Para min o Breogán é unha gran oportunidade, porque todos son xóvenes, xogamos un bo baloncesto, loitamos cada partido e é moi divertido xogar aquí".
E cando Musa se divirte, todos se divirten.