CRTVG

Buscar

Podemos admite que un traballador do seu partido foi detido polos disturbios nun mitin de Vox

Publicado o 01/05/2021 21:41

Este sábado varios medios informaron da detención de dúas persoas, ao parecer membros do equipo de escoltas de Pablo Iglesias, por supostamente agrediren axentes da Policía Nacional nun acto de Vox en Vallecas o día 7 de abril. Desde Podemos negan que sexan do equipo de seguridade do partido.

A Brigada de Información da Xefatura Superior da Policía de Madrid confirmou estas dúas detencións e, segundo outras fontes policiais, un dos arrestados é membro dos bukaneiros e irmán dun dos líderes deste grupo seguidor do Raio Vallecano e que está considerado un grupo extremadamente violento.

Houbo 11 detidos en total; dous estarían dados de alta na Seguridade Social como traballadores de Podemos, segundo fontes policiais citadas por varios medios.

Desde Podemos admiten que un dos detidos traballa para o partido en asuntos de "loxística". O líder da formación, Pablo Iglesias, nega que o arrestado forme parte do seu equipo de escoltas. Di que o seu equipo de seguridade está formado só por policías.