Dous detidos por unha violación múltiple a unha moza de 19 anos en Formentera
Publicado o 21/08/2021 18:44
Xa están en Eivisa para pasar a disposición do xuíz os dous detidos por presuntamente violar e maltratar unha moza de 19 anos.
Os feitos aconteceron a finais de xullo en Formentera, aínda que a vítima non denunciou os feitos ata unha semana despois. Hai un terceiro sospeitoso que está en busca e captura. Fuxiu a Marrocos, o lugar do que proceden os tres presuntos agresores.