CRTVG

Buscar

Dous detidos por unha suposta agresión sexual en Pontevedra

Publicado o 19/08/2020 15:12

Dous homes foron detidos en Pontevedra por unha suposta agresión sexual nun piso do centro da cidade.  Segundo a presunta vítima, o suceso tivo lugar nunha vivenda da rúa Benito Corbal, á que accederon ela e unha amiga con outros dous mozos.

Un dos elementos que incriminaría os sospeitosos é a análise forense, que sinala que as lesións que presentaba a muller poderían ser compatibles cunha agresión sexual. Pola súa banda, os dous mozos negaron as acusacións.

O xuíz deixounos en liberdade provisional á espera de aclarar o ocorrido, debido ás contradicións entre a suposta vítima e unha testemuña.

 

Noticias web

19/08/2020