CRTVG

Buscar

Dous detidos por unha presunta agresión homófoba no metro de Barcelona

Publicado o 13/01/2019 15:21

Un dos agredidos é Diego Martos, a quen se lle notan as feridas tras a brutal malleira. O mozo denuncia un ataque por parte de catro persoas, cando se dirixía ao traballo. Os agresores comezaron a increpalo. Cando baixou do vagón derrubárono e déronlle múltiples golpes e patadas.

A seguridade do metro conseguiu reter varios dos agresores, os outros fuxiron. Con todo, a policía de Barcelona xa os ten identificados. Poderían ser acusados dun delito de odio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019