CRTVG

Buscar

Dous detidos por un atraco 'de película' en Xerez

Publicado o 26/02/2020 14:02

"Atención amigos, chegaron os antidisturbios! Isto estase poñendo emocionante!". Así relataban en vivo nas redes os veciños dun barrio de Xerez o gran dispositivo que se armou polo atraco dunha sucursal bancaria.

Dous homes, armados cunha pistola, mantiñan retidos clientes e traballadores da oficina. A intervención dos negociadores policiais logrou que pouco tempo despois se entregaran e liberaran os reféns.

A expectación mantívose ata ao final tanto in situ, coma nas redes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2020