CRTVG

Buscar

Dous detidos por roubar dun oleoduto case un millón de litros de gasóleo

Publicado o 09/08/2019 19:57


Roubaron 3.000 litros de combustible diariamente durante 10 meses e acaban de prendelos. A Garda Civil abriu a investigación tras detectarse unha anomalía nun oleoduto en Cidade Real. Descubriron que alguén conectara unha mangueira que, semisoterrada, chegaba ata unha propiedade próxima. Ali atoparon depósitos de plástico e a furgoneta na que transportaban o gasoleo roubado para vender. Calcúlase que subtraeron case un millón de litros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019