Dous detidos por atracar cun coitelo unha farmacia en Ourense
Publicado o 27/02/2019 14:18
Os feitos aconteceron nesta farmacia da zona da Universidade, en Ourense. Pasaba das 7 da tarde do sábado cando dous individuos entraron no establecemento. No interior só estaba un empregado. Ameazárono cun coitelo de grandes dimensión e tapáronlle a boca para que non pedira axuda.
Ían coa cara descuberta e, tras advertille que non avisara ninguén, fuxiron a pé. A policía detívoos no barrio de Covadonga. Levaban 208 euros enriba. No domicilio atoparon a roupa que levaban o día o atraco e tamén un coitelo.
Os detidos, naturais de Ourense, teñen 52 e 36 anos de idade e un historial delituoso violento. Un deles cumpriu 20 anos de prisión por un homicidio doloso e o outro estivo 17 anos en cadea por varios roubos con violencia.