CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Dous detidos polo atentado con carta-bomba contra Indra en Bos Aires

Publicado o 14/09/2017 15:10

Na Arxentina, detiveron dúas persoas presuntamente involucradas no atentado deste verán contra a sede da empresa española Indra. O atentado perpetrárase cunha carta-bomba que estoupou nas mans da recepcionista da oficina. Ademais, tamén quedaran feridos outros dous traballadores.A empresa Indra era a encargada do escrutinio de votos das eleccións primarias lexislativas arxentinas, que se ían celebrar tan só 72 horas despois.
Os detidos son un home e unha muller de 30 anos de idade, que xa están a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí