CRTVG

Buscar

Dous detidos pola súa relación con empresas fraudulentas na xestión de aceite usado

Publicado o 16/05/2018 20:56

A Garda Civil de Boiro detivo dúas persoas, unha na Coruña e outra en Pontevedra, presuntamente vinculadas a dúas empresas fraudulentas de xestión e reciclaxe de aceites usados procedentes do sector hostaleiro. A investigación iniciouse a consecuencia da denuncia dun empresario da comarca da Barbanza. Operarios das empresas denunciadas recollían, presuntamente, os bidóns e o aceite usado facéndose pasar por empregados de empresas autorizadas. Calcúlase que chegaron a facerse con 11 toneladas de aceite. Investigan un terceiro implicado, natural de Sevilla. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018