CRTVG

Buscar

Dous detidos nunha liorta a botellazos no barrio dos Mallos da Coruña

Publicado o 12/05/2020 14:12

Unha pelexa, en que se viron envoltas varias persoas, obrigou os antidisturbios a intervir na tarde de onte no barrio dos Mallos da Coruña.

Ocorreu na rúa peonil Ángel Senra, cando varios homes principiaron unha discusión diante dun local hostaleiro. A liorta foi subindo de ton ata que acabaron lanzándose botellas de vidro. A chegada de varias patrullas da policía e dúas ambulancias puxo fin á pelexa. Dous dos intervenientes tiveron que ser trasladados ao hospital con lesións de distinta consideración e distintos cortes no corpo.

Noticias web

12/05/2020