CRTVG

Buscar

Dous detidos na Coruña por golpear e ameazar mulleres

Publicado o 16/05/2019 21:22

Na Coruña, a Policía Local detivo dous homes nas últimas horas por delitos de violencia machista.No barrio de Monte Alto, unha muller de 65 anos alertou o 092 de madrugada tras ser, supostamente, agredida polo seu home. Diante dos axentes o home ameazouna de morte polo que procederon á súa detención. O outro caso aconteceu na Zapateira. Alí un home intentou entrar pola forza no domicilio familiar, segundo denuncia a vítima, coa intención de agredila. Finalmente a Policía conseguiu detelo e poñelo a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019