CRTVG

Buscar

Dous detidos en Pontevedra por violencia machista

Publicado o 22/07/2020 13:52

Xornada marcada pola violencia machista en Pontevedra. Con poucas horas de diferenza, a policía local detivo dous homes por supostas ameazas e agresións a dúas mulleres. Un deles foi arrestado no centro de Pontevedra. O home tiña unha orde de afastamento da suposta vítima, que é a súa ex-parella.

A muller recibiu golpes e patadas logo dunha forte discusión e tivo que ser trasladada ao hospital Montecelo con diversas feridas.

A segunda detención foi na parroquia de Mourente, neste caso un home bébedo que supostamente agrediu a súa parella cando tentaba fuxir a outra dependencia da súa vivenda coa irmá. O home amosouse especialmente violento.

A muller xa chamara en tres ocasións o 016, e desta vez presentou por primeira vez unha denuncia ante a policía.

Noticias web

22/07/2020