CRTVG

Buscar

Dous detidos en Madrid por asaltar unha vivenda e ferir gravemente o dono

Publicado o 10/01/2020 18:34

A Policia Nacional detivo dous homes como supostos autores do asalto a unha vivenda da localidade madrileña de Villaviciosa de Odón e de acoitelar o propietario. Os axentes intervíronlles a arma simulada e o coitelo utilizados no asalto. Recuperaron tamén a caixa forte que levaron e o vehículo que utilizaron para fuxir do lugar. A vítima é un home de 48 anos que permanece ingresado nun hospital local con prognóstico favorable.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020