CRTVG

Buscar

Dous detidos en Fene por roubar 700 litos de gasóleo e oito baterías de maquinaria pesada

Publicado o 10/03/2021 13:49

A Garda Civil detivo dous homes acusados de roubar nunha empresa de transporte de Fene. Un é veciño de Ares a outro de Miño. Levaron gasóleo e baterías. Están acusados dun delito con forza. O valor do roubado está arredor dos dous mil euros.

Escolleron un lugar afastado das miradas que os puidesen deletar e puxéronse mans a obra. Levaron 700 litros de gasóleo, dúas baterías de camión, dúas baterías de retroexcavadora, tres baterías dun mini cargador e unha batería dun triturador. Parte destes obxectos foron localizados e devoltos a dona despois de indentificar aos dous presuntos autores do roubo. Os investigadores cren que o destino do material era a revenda.

David Rodríguez Laje, comandante de posto en Fene: "No caso do gasóleo unha parte para consumo propio e outra con este fin. Decímolo polo perfil dos autores que son drogodependentes e cremos que poden ser para intercambio por sustancias estupefacientes".

Gracias ao traballo diario puideron dar rápidamente cos presuntos autores do roubo. Teñen antecedentes.

Rodríguez Laje di: "Tíñamos coñecemento dos días anteriores da identificación de dúas persoas que levaban no seu vehículo baterías e obxectos que poderían estar relacionados co furto .Fixéronse as investigacións e gracias a colaboración dos axentes do posto de Fene e de Pontedeume puidemos resolver nesa mesma mañá a denuncia".

A operación segue aberta ata que localizen todos os obxectos roubados.

Noticias web

10/03/2021