CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Dous detidos e un ferido grave nunha liorta no Orzán da Coruña

Publicado o 28/01/2018 14:42
O suceso aconteceu ao redor das dez da mañá no Orzán, unha das zonas de ocio nocturno da Coruña. Os axentes da policía que acudiron ao lugar atoparon o mozo no chan con varias feridas de arma branca. Os sanitarios atenderon á vítima alí mesmo e logo trasladárona ao hospital con prognóstico grave. A policía detivo aos dous supostos agresores pouco despois. Son dous homes, un de nacionalidade española e outro de orixe colombiana. Investigan agora se se tratou dunha liorta fortuíta ou dun ataque premeditado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí