CRTVG

Buscar

Dous derbis galegos, nos oitavos de final da Copa da Raíña de fútbol sala

Publicado o 28/12/2020 13:15
Dous derbis galegos, nos oitavos de final da Copa da Raíña de fútbol sala

Haberá dous derbis galegos nos oitavos de final da Copa da Raíña de fútbol sala feminino. O Ence Marín Futsal enfrontarase ás vixentes campioas, Burela Pescados Rubén, e o Poio Pescamar e o Ourense Envialia xogarán un partido moi parello entre dous equipos que están na elite.

Tamén se deu a coñecer que o Pavillón de Vista Alegre de Burela será a sede da Supercopa que se xogará o 9 de xaneiro e que enfrontará o equipo anfitrión, que acaba de acadar o dobrete (Liga e Copa), e o Poio Pescamar, finalista da última edición da Copa da Raíña.