CRTVG

Buscar

Dous contaxiados unha semana despois de recibir a vacina na residencia de Burela

Publicado o 05/01/2021 20:19
Dous contaxiados unha semana despois de recibir a vacina na residencia de Burela

Dúas persoas vacinadas hai unha semana na residencia de Burela están contaxiadas de covid. Unha delas é unha traballadora que tivo que ser hospitalizada e que puido contaxiarse no ámbito familiar. O outro é un ancián que está asintomático. Deran negativo na proba que lles fixeron antes de poñerlle a vacina.

O fármaco de Pfizer é eficaz ao 95% aos 28 días de recibir a primeira dose. Sanidade descarta que se trate dun efecto adverso da vacina.

Noticias web

05/01/2021