CRTVG

Buscar

Dous galegos aspiran a Cociñeiro do Ano na semifinal que organiza o Xantar de Ourense

Publicado o 06/02/2020 15:25

A cociña espectáculo está cada vez máis presente nos eventos gastronómicos coma o Xantar. Un dos puntos da feira onde se poden ver os cociñeiros en acción é no concurso Cociñeiro do Ano, en que os dous galegos seleccionados están cos nervios ao límite.

Esta é unha das catro semifinais deste ano. Os dous cociñeiros galegos seleccionados disputan con tres vascos, un rioxano e dous asturianos as dúas prazas que dan acceso á gran final estatal.

Amais das de cociñeiro, aquí dispútanse tamén dúas prazas para a final de Camareiro do Ano. Outros dous profesionais galegos aspiran a elas. A partir das sete da tarde, saberán cal foi a resolución do xurado.

Noticias web

06/02/2020