Dous clientes impiden o roubo nunha cafetería de Vigo
O ladrón pretendía facer o seu agosto. Viu a oportunidade porque a barra estaba libre e dirixiuse á caixa rexistradora para roubar os cartos. Aproveitou que a camareira estaba no interior da cociña.
Pero o plan non lle ía saír ben. O delincuente non contaba con que dous clientes que estaban na terraza, amigos da camareira, lle impedirían a fuxida.
Unha actitude heroica que puideron observar os clientes que nese momento estaban no establecemento.
Finalmente, os axentes puideron recuperar os cartos. Este roubo únese a outros tantos que se están a producir ultimamente nunha zona, que segundo os veciños se está a volver moi conflitiva.
Desta vez a colaboración cidadá freou a acción delituosa. Pero os veciños piden máis vixilancia policial para evitar este tipo de sucesos.