CRTVG

Buscar

Dous centros galegos participan nun proxecto internacional que busca novos antibióticos

Publicado o 21/02/2019 20:38

Existe un proxecto educativo chamado Micromundo que traballa na procura de novos antibióticos. Nel participan profesores e alumnos de universidades e colexios de catorce países. Unha investigación real da que formaron parte tamén dous centros galegos. A iniciativa busca, ademais, fomentar as vocacións científicas entre os máis novos. 

A Organización Mundial da Saúde acaba de advertir que o mal uso dos antibióticos provocaría en apenas tres décadas que fose maior o número de mortes por infeccións que por cancro. As bacterias vanse facendo resistentes aos fármacos coñecidos e é preciso atopar novos antibióticos. Iso, sumado á falta de vocacións científicas entre os estudantes, serviu de base para a posta en marcha deste proxecto. Unha especie din, de micromecenado da ciencia.

Dous colexios galegos participan no proxecto na procura e o estudo das mostras: o Valadares de Vigo e o Couto de Ourense. Canda eles traballan microbiólogos e universidades de catorce países.

Os resultados do proxecto forman parte dunha base de datos internacional a disposición dos investigadores. Os seus logros no futuro serán grazas en parte ao esforzo destes pequenos científicos.

Noticias web

21/02/2019