CRTVG

Buscar

Dous casos positivos por coronavirus nos xulgados de Pontevedra

Publicado o 25/08/2020 10:12

Dous positivos por coronavirus nos xulgados de Pontevedra obrigaron a Xefatura Territorial da Presidencia a poñer en marcha o protocolo anticovid, segundo informou a Xunta nun comunicado. Os contaxiados son dous traballadores, un do Xulgado do Penal número un de Pontevedra e outro do de Primeira Instancia número dous.

O Goberno galego deu traslado da situación á autoridade sanitaria, sinala a nota, para a posta en marcha do procedemento de realización das PCR necesarias. Tamén foi avisada a empresa adxudicataria do servizo de limpeza para a desinfección das zonas de traballo de ambos os funcionarios, así como as zonas de uso común.

Noticias web

25/08/2020