CRTVG

Buscar

Os barcos en corentena na Coruña e Burela, pendentes da evolución das tripulacións

Publicado o 19/03/2021 15:17

Na Coruña un barco tivo que atracar de urxencia con máis dunha ducia de positivos a bordo. Tres dos tripulantes tiveron que ingresar no hospital.

O buque está no porto exterior de Punta Langosteira desde o martes, cando varios dos mariñeiros comezaron a sentirse mal e solicitaron poder atracar no peirao coruñés. Trátase do barco Blue Sky, un cargueiro de 218 metros de eslora e 42 de manga, que transporta fuel e facía a ruta Holanda-Exipto. Oficialmente son 14 os positivos entre a tripulación, dos que tres están ingresados na clínica Quiron da Coruña. Calcúlase que continúen na Coruña uns dez días.

En Burela, 14 mariñeiros doutro barco deron positivo en covid-19. Son veciños de varias vilas da Mariña, fundamentalmente Viveiro, Xove e Burela. Hoxe xa se están a realizar cribados para detectar posibles contaxios entre a familia e as persoas coas que os positivos puideron ter contacto.

Noticias web

19/03/2021