CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Dous artesáns de Bos Aires fan gaitas galegas por encarga

Publicado o 24/02/2016 15:23

Mercar ou reparar unha gaita galega en Bos Aires é agora máis sinxelo e accesible grazas ao labor de dous artesáns, de ascendencia luguesa e ourensá, que as fan por encarga.
Nin un océano polo medio os pode afastar de Galicia.

Ricardo e Andrés pretenden espallar a cultura galega a través dos seus respectivos obradoiros de Bos Aires, nos que fabrican e reparan gaitas galegas de xeito artesanal.

O son dunha gaita fixo espertar o sentimento de galeguidade adormecido durante anos de Ricardo ata o punto de comezar a tocar e ata a fabricar gaitas.

Ricardo Molina, artesán

"O amor por isto aumentou e decidín que non só é importante tocar, senón facer que outros toquen".

Despois de moito investigar, leva 10 anos compaxinando a súa vocación docente coa fabricación de gaitas artesanais na beira do río da Prata. Unhas 10 por ano feitas maioritariamente na célebre madeira local: o pau-santo.

Coma Ricardo, Andrés tamén é autodidacta. E no seu caso especialízase en reparar e recuperar gaitas antigas.

Andrés Villar, artesán


"Dáme máis pracer unha gaita antiga que volve soar despois de moitos anos que quizais unha gaita nova".

Quen as tocan gaban o resultado e aseguran que, salvo polo prezo, un 30% máis baratas que as feitas en Galicia, case non se nota a diferenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí