Dous anos de cárcere e unha multa para o home que agrediu o alcalde de Carnota
Publicado o 14/05/2019 21:26

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de cárcere e ao aboamento dunha multa de 2.400 euros o home que lle propinou unha puñada en agosto de 2017 ao alcalde de Carnota na terraza dun bar tras discutir con el pola xestión das escolas deportivas.
O tribunal considerouno autor dun delito de atentado á autoridade e doutro leve de lesións. Ademais, impúxolle o aboamento dunha indemnización a vítima de 9.310 euros.
Como consecuencia da puñada que lle propinou na cara, o rexedor caeu ao chan. A vítima necesitou asistencia médica e tardou 29 días en curar das feridas.