Dous administradores xudiciais faranse cargo do Colexio de Enfermería de Pontevedra
Publicado o 18/03/2021 14:40

Dous administradores xudiciais faranse cargo do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra tras o encarceramento do presidente. No rexistro das oficinas polos axentes da UDEF, atopáronse miles de euros nunha bolsa e nun sobre no despacho da filla.
O presidente da entidade, Carlos Fernández, a súa muller e a filla están en prisión provisional acusados de branqueo de cartos, falsidade documental e administración desleal. Un economista e un xurista, nomeados polo xulgado de Vigo que leva o caso, farán unha auditoría interna.