CRTVG

Buscar

Dosi lembra os derbis contra o Deportivo

Publicado o 30/11/2019 13:34
O ex gardameta estivo a piques de fichar polos coruñeses a cambio de Buyo

No verán cumpríronse corenta e cinco anos da inauguración do Anxo Carro cun triangular no que o Deportivo derrotou na final ao Lugo por un a cero. Curiosamente, o protagonismo daqueles días estivo centrado na interese coruñesa por fichar ao porteiro lucense Dosi.

Dosi. Ex xogador do C.D. Lugo. "Daban a Buyo para aquí, eu ía para alí e me parece que cen mil pesetas"

Dosi, que disputou catro derbis contra o Deportivo, lembra con moriiña aqueles enfrontamentos nos que o Lugo opoñía unha forte resistencia. De feito nos seis partidos ligueiros entrambos, os coruñeses só gañaron un.

Dosi. Ex xogador do C.D. Lugo. "Xogábase ben, tanto por un lado coma por outro, o Deportivo tiña moito máis equipo ca nós polo menos en figuras e xogadores bós, pero a nós dábasenos ben, o único partido que perdimos, lémbrome ben foi dous a un alí en Riazor."

Agora o Lugo ve ao Deportivo a nove puntos de distancia, unha situación que a Dosi lle provoca sorpresa, recelo e optimismo.

Dosi. Ex xogador do C.D. Lugo. "Sobre este partido, téñolle medo por un lado e por outro confío en que o Lugo poda sacalo adiante porque eles veñen bastante mal."


Corenta e cinco anos despois, o luguismo segue a lembrar a Dosi.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019