CRTVG

Buscar

Dos 53 polígonos bateeiros galegos, só 7 se libran da marea vermella

Publicado o 25/04/2019 20:28

A marea vermella mantén pechados case todos os polígonos bateeiros de Galicia. Arestora só hai 7 abertos, todos na ría de Arousa. Tamén hai nove bancos marisqueiros pechados en diferentes rías como a de Viveiro, Ares-Betanzos e Ferrol. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño lembra que este fenómeno é habitual nesta época do ano.

Covadonga Salgado, directora do INTECMAR: "É un episodio controlado. Nós estamos facendo controis cada día tanto de moluscos como da auga, e, polo tanto, día a día fanse as resolucións necesarias para garantir que as zonas que están abertas é porque son perfectamente aptas para o consumo.De momento estamos na fase ascendente do episodio. Isto vai continuar así e en determinadas zonas será cuestión de semanas pero noutras pode ser de meses".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019