CRTVG

Buscar

Dorian debilítase tras deixar 30 mortos nas Bahamas

Publicado o 06/09/2019 16:38

O último boletín do Centro Nacional de Furacáns sitúa o ollo de Dorian movéndose en paralelo á costa sueste dos Estados Unidos, preto do límite entre os estados de Carolina do Norte e Virxinia.
Nas últimas horas, Dorian debilitouse considerablemente e pasou a ser un furacán de categoría 1, con ventos máximos sostidos de ata 150 quilómetros por hora.

Nas dúas Carolinas, a chuvia torrencial que acompaña o paso de Dorian causou inundacións en cidades como Charleston, pero non hai vítimas nin danos importantes. Todo o contrario ao que ocorreu nas illas máis setentrionais das Bahamas, que quedaron practicamente arrasadas.

"Nunca se viu algo así nas Bahamas", di este sobrevivente.

A cifra oficial de mortos é de 30, pero agárdase que se incremente considerablemente a medida que avance o traballo dos equipos de rescate. Segundo as autoridades bahamesas, hai miles de persoas desaparecidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019