CRTVG

Buscar

A identificación do cadáver aparecido en Doniños depende das probas de ADN

Publicado o 08/04/2019 14:41

Para poder identificar o corpo que nas últimas horas apareceu nunha zona rochosa de Doniños, en Ferrol, a Policía Xudicial terá que esperar o resultado das probas de ADN.

As primeiras hipóteses apuntan a que podería tratarse da muller desaparecida dende o pasado 10 de marzo. Pero debido ao mal estado que presenta o corpo haberá que esperar os resultados das probas periciais. As ondas arrastraron o cadáver cara á beiramar e foi visible durante a marea baixa. Foi un bombeiro fóra de servizo quen atopou o corpo nun lugar de difícil acceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019