CRTVG

Buscar

Campaña de doazón de pelo para elaborar perrucas para os enfermos de cancro

Publicado o 23/03/2019 17:34

A propietaria dun salón de peiteado de Viveiro ten en marcha unha iniciativa para axudar a elaborar perrucas para as persoas ás que lles cae o pelo polo tratamento contra o cancro. Quen quera donar a súa cabeleira ten un corte gratuíto. En catro meses xa xuntou case un cento. 

Loiras, morenas, máis longas ou curtas, pero todas donadas con boa vontade. Neste establecemento de Viveiro as coletas teñen un destino solidario.

Neste salón, para todos aqueles que queran donar o cabelo o corte é gratuito. A propietaria, Ángeles, así o decidiu e desde nadal xa leva recollidas oitenta e nove coletas, todas elas de máis de trinta centímetros. A iniciativa foi moi ben acollida por maiores e pequenos.

Os lazos rosas identifican as donacións realizadas por nenos, que no seu caso teñen que superar os vinte centímetros. Destinaranse para perrucas infantís.

Unha vez xuntadas as coletas, envíanse a entidades que se encargan de elaborar e repartir as perrucas entre as persoas que as precisan.

Noticias web

23/03/2019