CRTVG

Buscar

Donald Trump recoñece que Moscova interferiu nas eleccións dos EUA

Publicado o 11/01/2017 20:45

Con todo, na súa primeira comparecencia tras gañar as eleccións, o presidente electo dos EUA rexeitou que sexa vítima duha chantaxe de espías rusos

A nove días de que tome posesión como presidente dos Estados Unidos, Donald Trump compareceu hoxe no seu rañaceos de Nova York para dar a súa primeira conferencia de prensa en máis de cinco meses. Nela Trump recoñeceu por primeira vez que Rusia interferiu nas últimas eleccións, aínda que asegurou que recuperar unha boa relación con Putin sería positivo para o país. 

Donald Trump compareceu ante a prensa xunto o que será o seu vicepresidente Mike Pence e dous dos seus fillos, que se farán cargo dos seus negocios durante a súa estadía na Casa Branca, pero non venderá o que non desfai as sospeitas sobre un conflito de intereses. 

Trump recoceñeu por fin que Rusia estivo detrás dos ciberataques durante as eleccións, pero asegurou que se acabarán en canto el sexa presidente. Con todo, cargou contra os medios de comunicación e os servizos de intelixencia por publicar informes que suxiren que está sendo chantaxeado por espías rusos, que o implican en escándalos sexuais e financeiros. 

Máis crítico con Rusia foi o xefe da petroleira Exxon Rex Tillerson, ao defender ante o Senado a súa nominación como secretario de Estado. Ve a man de Putin nas actividades de Rusia contra os intereses dos Estados Unidos, incluída o seu papel en Ucraína e Siria. Todo malia ser un amigo persoal de Putin. 

Doutra banda, Trump insiste en que México acabará pagando o muro, que desmantelará a reforma sanitaria e asegurou que vai ser o maior produtor de empregos creado por Deus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017